Sabiades que algúns dos contos
clásicos non teñen autor?
Eran historias que se contaban de pais/nais a fillos/as, de avós/as a netos/as e tamén polos contacontos que visitaban as vilas.
Os autores máis famosos da época decidiron recollelos e deixalos por escrito para que todo o mundo poidera gozar deles en diferentes épocas.
Así chegaron ata nós, xunto con outros contos que eses autores imaxinaron e escribiron.